Quisera vosco, falar de grado,
ai meu amigu’e meu namorado;
mais non ous’ oj’ eu com vosc’ a falar,
ca ei mui gran medo de irado;
irad’ aja Deus quen me lhi for dar.


En cuidados de mil guisas travo
por vos dizer o con que m’agravo;
mais non ous’ oj’ eu con vosc’ a falar,
ca ei mui gran medo do mal-bravo;
mal-brav’ aja Deus quen me lhi foi dar.


Gran pesar ei, amigo, sofrudo,
por vos dizer meu mal ascondudo;
mais non ous’ oj’ eu com vosc’a falar,
ca ei mui gran medo do sanhudo;
sanhud’aja Deus quem me lhi foi dar.


Senhor do meu coraçon, cativo
sodes en eu viver com quen vivo;
mais non ous’ oj’ eu com vosc’a falar,
ca ei mui gran medo do esquivo;
esquiv’ aja  Deus quem me lhi foi dar.

 

 

Dom Dinis
« Voltar