Proençaes soen mui bem trobar
e dizen eles que é com amor;
mais os que troban no tempo da flor
e non en outro, sei eu bem que non
an tan gran coita no seu coraçon
qual m’eu por mha senhor vejo levar.


Pero que troban e saben loar
sas senhores o mais e o melhor
que eles podem, soõ sabedor
que os que troban, quand’a frol sazon
á, e non ante, se Deus mi perdon,
non na tal coita qual eu ei sem par.


Ca os que troban e que s’alegrar
van eno tempo, que tem a color
a frol consigu’, e, tanto que se for,
aquel tempo, logu’ en trobar razon
non na, non viven en qual perdiçon
oj’eu vivo, que pois m’á-de matar.

 

 

Dom Dinis
« Voltar