Nom chegou, madr’, o meu amigo
e oj’est o prazo saído.
           Ai, madre, moiro d’amor!

Non chegou, madr’, o meu amado
e oj’est o prazo passado.
           Ai, madre, moiro d’amor!

E oj’est o prazo saído!
Por que mentiu o desmentido?
           Ai, madre, moiro d’amor!

Porque mentiu o desmentido,
pesa-mi, pois per si é falido.
           Ai, madre, moiro d’amor!

Porque mentiu o perjurado,
pesa-mi, pois mentiu a seu grado.
           Ai, madre, moiro d’ amor!

 

Dom Dinis
[NOM CHEGOU MADR' O MEU AMIGO]
« Voltar